domingo, 24 de mayo de 2015

NOVA DOCUMENTACIÓN

Para todos aqueles que estades interesados na historia da nosa cidade e do noso centro, deixamosvos aqui os seguintes enlaces:

- Interesante aportación  de Manuel Blanco Rey publicada no Anuario Brigantino nº 34 de 2011. Nela inclúense datos moi interesantes que  ilustran moi ben de como forón os primeiros anos do Colexio e o hospital Labaca. Entre os documentos está o cadro de ensinanzas de 1923 e o Regulamento das Escolas del Ave María do mesmo ano.

http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2011PDF/2011%20349_364_escuelas%20Labaca_MANUEL%20BLANCO%20REY.pdf 

- Un documento imprescindible para coñecer a historia da nosa escola é a comunicación dos profesores Raquel Vázquez e Anxo porto no  Congreso sobre Patrimonio e Etnografía de la Escuela en España y Portugal durante el siglo XX que tivo lugar en Murcia, en novembro de 2012. Baixo o título de "Un espacio escolar centenario: las Escuelas Labaca , del pasado manjoniano al presente modelo público integrado", os profesores da Universidade de Vigo e Santiago fan un estudo da innovación pedagóxica e metodolóxica que supoxo a apertura do colexio, ademais de facer un estudo detallado do alumnado entre 1915 e 1924.

http://congresos.um.es/fimupesephe/fimupesephe2012/paper/viewFile/14971/11941 

No hay comentarios:

Publicar un comentario